Wiko Y50, un teléfono básico por menos de 70 €

Por menos de 70 € non podemos esperar moito dun teléfono, mais se o que precisamos é unha cousa básica temos algunha que outra opción interesante. Unha delas é o Wiko Y50, un dos últimos modelos do fabricante francés, que se pon á venda o próximo día 24.

O novo Wiko Y50 vén equipado cunha pantalla de 5 polgadas e no seu interior cun procesador de catro núcleos Cortex A7 a 1,3 GHz, xunto con 16 GB de memoria interna (ampliábeis mediante tarxetas microSD), iso si, con 1 GB de RAM. Como sistema operativo leva Android 8.1 (Oreo) Go Edition.

No apartado fotográfico temos unha cámara frontal e outra traseira de 5 megapíxeles. Levan función beleza, panorámica e filtros en tempo real, así como flash LED tanto na parte de diante como na de atrás.

Con esta folla de características non podemos agardar un gran rendemento, mais como avanzábamos ao comezo é un terminal que será suficiente para iniciarse nos trebellos con pantallas táctiles ou como móbil secundario no que dispór de acceso a Internet.

Dispoñibilidade e prezo

O novo Wiko Y50 poderase mercar en tres cores (gris escuro, azul e dourado) por 69 euros desde o 24 de xullo.

Sobre o autor

Reply