Vodafone comercializa o LG Wing

A operadora Vodafone vén de anunciar que desde esta mesma semana comercializará o novo LG Wing, un smartphone que, a través da súa dobre pantalla OLED FullVision xiratoria, ofrece unha experiencia en usabilidade diferente e totalmente inmersiva. O novo dispositivo de LG chega para completar o porfolio de terminais 5G que a compañía pon a disposición da súa clientela, e que xa conta con máis de 20 smartphones e tablets.

O LG Wing rompe coas regras e aposta por redefinir a multitarefa. Conta cunha segunda pantalla OLED que se pode colocar en cruz, e dentro leva o procesador Qualcomm Snapdragon 765G 5G, que ofrece conectividade de até 1 Gbps (aló onde está dispoñíbel a rede 5G, así como unha batería de 4.000 mAh de capacidade.

A experiencia multicámara está formada por un sensor principal de 64 Mpx Ultra High Resolution, acompañado dun sensor de 12 Mpx Ultra Wide Big Pixel e un último de 13 Mpx Ultra Wide. No seu modo de pantalla extendida, as usuarias tamén poden gravar en modo dual a través dunha cámara pop-up de 32 Mpx.

As usuarias de Vodafone poden adquirir o novo LG Wing asociado a calquera tarifa móbil ou converxente. Así, por exemplo, cunha tarifa Vodafone One Ilimitada Maxi, custará 22 €/mes durante 36 meses cun pago final de 108 € (desconto do 18%). Ademais, como promoción, recibirán de regalo un televisor LG Smart TV de 49 polgadas.

Sobre o autor

Reply