Fíltrase o Vivo X60 Pro +, con Snapdragon 888

Logo de ter oficializado o Vivo X60 e Vivo X60 Pro, comezan a chegar os primeiros datos do Vivo X60 Pro +, unha versión vitaminada que vén de ser filtrada a través da páxina dunha tenda chinesa, deixando ver tanto o seu deseño como algunhas das súas características técnicas.

E falando destas, unha das principais diferenzas entre os X60 / X60 Pro e esta versión “plus” é que esta última traería o procesador Qualcomm Snapdragon 888, en lugar do Exynos 1080 de Samsung.

Ademais, a filtración tamén nos deixa ver diferentes configuracións de memoria RAM e capacidade interna (8 + 128 GB ou 12 + 256 GB, respectivamente), así como a posibilidade de adquirilo en dúas cores: Deep Ocean Blue ou Classic Orange.

Outras das súas características son aínda unha incógnita, como o tamaño e a calidade da súa pantalla (algunhas fontes falan de 6,7 polgadas con frecuencia de 120 Hz), ou a configuración das súas cámaras. O que si que estaría confirmado é a súa compatibilidade coas redes 5G e a presenza dunha batería de 4700 mAh con carga rápida.

Segundo parece, Vivo tería pensado anunciar este terminal oficialmente en marzo, polo que aínda teremos que agardar unhas semanas para coñecer todas as súas características.

Sobre o autor

Reply