Orange migrará ás usuarias de República Móvil a Simyo

Hai uns días comentamos que Orange estaba a iniciar os movementos para simplificar o seu portfolio de marcas, coa eliminación de República Móvil e, posteriormente Amena, de maneira que a compañía laranxa pasará a ofrecer a medio prazo os seus servizos a travésda marca principal, Orange, ademais de Jazztel e Simyo.

Como avanzamos, o primeiro paso para a eliminación de República Móvil foi o anuncio de que deixaría de comercializarse a través das canles físicas desde o 30 de abril, mais agora Orange vén de confirmar que ao longo das próximas semanas irá migrando ás usuarias actuais deste OMV á carteira de Simyo, que conta no seu haber con 1,5 millóns de clientas.

Esta migración vai ser practicamente transparente para a clientela de República Móvil, xa que esta non terá que mudar de tarxeta SIM, e simplemente verá trasladada a súa conta a Simyo. Segundo Orange, estas usuarias disfrutarán de algunha vantaxe extra a modo de benvida ao novo operador, sen confirmar tampouco de que se trata.

Sobre o autor

No Responses

Reply