Fi Network mellora as súas tarifas con máis gigas e as propostas converxentes con fibra 600 Mbps

A operadora móbil virtual Fi Network vén de anunciar a mellora de dúas das súas tarifas de móbil, que á súa vez tamén se reflexa na mellora dos plans combinados. En ambos os dous casos esta mellora supón o incremento do volume de datos incluídos na franquía sen mudar o prezo.

No que ten a ver cos plans de só móbil, a tarifa con 25 GB e chamadas ilimitadas por 14,90 €/mes pasa a ofrecer 30 GB sen mudar o prezo, mentres que a oferta de 35 GB e chamadas ilimitadas por 19,90 €/mes aumenta os datos até acadar os 40 GB. En total, 5 GB adicionais sen custe en ambos os dous plans máis orientados a heavy users.

Se falamos de produtos combinados de móbil e fibra, a compañía tamén aposta por incrementar os datos dos plans máis completos, vencellados ás conexións de 600 Mbps simétricos. Así, a proposta de fibra 600 Mbps con móbil con chamadas ilimitadas e 15 GB de datos pasa a ofrecer 25 GB polo mesmo prezo, 39,90 €/mes, mentres que a oferta con fibra 600 Mbps e unha liña de móbil con 30 GB e ilimitadas incrementa os datos até os 35 GB polos mesmos 44,90 €/mes.

Todos estes cambios nas tarifas aplícanse desde hoxe, tanto para as novas altas como para as usuarias que xa sexan clientes da compañía, que verán incrementados os datos incluídos nas súas tarifas.

Sobre o autor

Reply