Levar o DNI no móbil, máis preto de ser realidade

O noso móbil tense convertido nunha sorte de carteira dixital, que cada vez máis persoas empregamos para realizar a práctica totalidade dos pagos a través das tarxetas virtualizadas. Boa parte do éxito desta tecnoloxía radica en que a meirande parte dos bancos admiten este servizo e son compatíbeis cos sistemas de pago de Google ou Apple, aínda que existan outros.

O que queda por facer é que o noso smartphone sirva tamén para nos identificar. É algo que xa permite a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) ás usuarias que teñen o certificado dixital instalado no teléfono. Así, desde a app da DXT podemos acceder ao noso permiso de conducir, coa mesma validez legal que o físico, servindo para identificarnos mentres circulamos polo Estado español.

Agora só falta o DNI, algo que semella que non ha tardar moito en chegar. Desde a súa conta de TikTOk, a Policía avanzou algunha das caracterísiticas que terá o DNI 4.0, entre elas a de poder estar virtualizado no noso móbil, no marco do Plan de Identidade Dixital.

@policia Pronto podrás llevar tu #DNI en tu móvil ???? #actualidad #tips #aprndeentiktok ♬ sonido original – Policía Nacional

Isto permitirá que as e os cidadáns poidan identificiarse amosando un código QR na pantalla do seu smartphone, asinado electronicamente pola Policía. Isto permitirá levar a cabo todo tipo de xestións, desde a identificación para abrir unha conta bancaria até rexistrarse nun hotel, pasando por todas as xestións administrativas oficias.

Agora só queda agardar a que sexa oficial, algo que agardemos non tarde moito en chegar.

Sobre o autor

Reply