Comproba o que dan hoxe na tele con SincroGuiaTV

Malia que cada vez vemos menos a tele, non está de máis saber o que botan, que ás veces hai cousas interesantes (si si, en serio!).
SincroGuiaTV é unha guía coa programación das televisións españolas (máis de 130 canles), nas que se inclúen emisións de ámbito estatal pero tamén autonómico e local). Permite personalizar a guía de programación, para ter visíbeis as nosas canles favoritas e ademais, os posuidores dun PVR de InOutTV poden programar gravacións, algo que moitos seguro que agradecen.
Podedes descargar a aplicación dende o Market, é de balde. Xa non tedes disculpa para dicir que non víchedes o documental dos mamíferos australianos porque non sabíades que o daban…

Sobre o autor

Reply