mTrip, guías de viaxe offline (ideais para viaxar ao extranxeiro)

Un dos handicaps de viaxar ao extranxeiro é que non poderemos conectarnos a Internet. Mellor dito, que non debemos conectarnos a Internet se non queremos levarnos unha sorpresa na factura. Así que unha solución é atopar puntos WiFi nos que poder actualizar as nosas redes sociais ou consultar o correo.

Significa iso que non lle vas poder sacar partido ao teu smartphone? Por suposto que non, e hoxe traémosvos un bo exemplo con mTrip, unha completa gama de guías de viaxe interactivas que non precisan da conexión de datos.
Na súa web podemos a relación de cidades das que existen guías, que aínda non son moitas pero de seguro este número irá medrando. Entre elas están Barcelona, Londres, Dublín, Estambul, Moscú, Nova Iorque ou Tokio.
Entre as opcións que permite está o planeador de viaxe automático, que se adapta ás túas preferencias e aos horarios de apertura dos museos ou monumentos, o uso da realidade aumentada vencellada á posición por GPS, o acceso a información detallada e reseñas de lugares (ás que podemos engadir tamén as nosas impresións), así como tamén outras opcións máis sociais, como a posibilidade de compartir as fotos vía correo electrónico ou Facebook.
Estas actualizacións de comentarios, compartillamento de fotos etcétera realízase cando o noso terminal se conecta vía WiFi, polo que non teremos que estar pendentes da conexión de datos móbil. Xenial, non?
Neste vídeo podemos ver unha demo (na versión para iOS, pero é semellante á de Android):
As guías custan entre 0,69 € e 4,19 €, dependendo da cidade. Podemos ver o catálogo dende esta ligazón ao Web Market (son varias páxinas).

Sobre o autor

Reply