Leva os planos de metro de medio mundo no teu Android (con acceso offline)

Hai aplicacións que queren facilitarnos as cousas aló onde estemos. E agora que se achega o verán e planexamos viaxes, se imos a unha cidade que teña o Metro como servizo de transporte, aMetro é a nosa ferramenta ideal.
Esta aplicación proporcíonanos nun mesmo sitio os planos de metro (e nalgún caso, tamén de bus e trens) de máis de 180 cidades arredor do mundo. En España conta cos planos de Alacánt, Barcelona, Bilbao, Madrid, Palma, Sevilla e Valencia.
Pero ademais ten un plus que a fai se cadra máis interesante: funciona sen conexión á rede, polo que é idónea para as nosas viaxes ao extranxeiro, onde conectarnos pode ser imposíbel (debido aos altos custos da conexión en itinerancia). Iso si, antes de saír da casa debemos ter sido previsores e descargar os planos das cidades que vaiamos visitar.
Polo demais, permite levar a cabo a meirande parte das operacións que se lle supoñen a unha aplicación como a busca do percorrido entre estacións, amosando o tempo estimado de traxecto (mesmo conta con autocompletado do nome das estacións para facilitar as cousas.
aMetro é válida para todas as versións de Android e está dispoñíbel gratuitamente no Market.

Sobre o autor

Reply