Bits, a aplicación para facer widgets do tempo personalizados

Seguramente moitas e moitos de vós teñades probado varios widgets e os empreguedes de forma regular para consultar rapidamente as cousas que máis vos interesan dende o escritorio do voso smartphone.

Un dos widgets máis habituais de Android é o do tempo, que moitas veces é mellorado polos diferentes fabricantes ou por terceiros que colgan aplicacións-widgets no Market. Mais hoxe imos falarvos dun especial, xa que ofrece aos usuarios a posibilidade de personalizar completamente un widget do tempo, para que o teñamos ao noso gusto. Falamos de Bits.

Bits permítenos xuntar nun mesmo widget a información do tempo, o reloxo e, así mesmo, outra información interesante sobre o estado do noso terminal.





Información meteorolóxica

Sen dúbida a parte meteorolóxica é a característica máis reseñábel deste widget e o mellor de todo é que nós decidiremos que cousas nos interesan ou non ter no widget. Así podemos ver a temperatura, a nubosidade ou posibilidade de choiva, a fase lunar, a humidade, presión, dirección e/ou velocidade do tempo, hora de amencer e atardecer… vamos, seguramente moito máis do que estamos afeitos a ver noutras aplicacións semellantes.





Función reloxo

Esta perte é algo máis básica, xa que tampouco dá moito xogo. Permítenos integrar información ao widget, como a data ou hora, así como tamén a posibilidade de configurar alarmas





Información do noso terminal

Podermos combinar o widget con información sobre o noso terminal, como a cantidade de memoria RAM ou na tarxeta SD dispoñíbel, a porcentaxe de batería e o seu estado (voltaxe, temperatura, estado de carga…) e outros pequenos detalles semellantes que sempre son interesantes coñecer.

Pódense configurar diferentes tamaños para o widget (1×1, 4×1, 4×4…) e o certo é que dá moito xogo. Iso si, preparádevos para botar un anaco xogando con el, porque hai tal cantidade de información que custa decidirse cal poñer ou non e onde poñela.

A aplicación é gratuíta e está dispoñíbel no Android Market para os dispositivos con 2.1 ou superior.

Sobre o autor

Reply