O HTC Flyer actualizarase a Honeycomb

Cando asistimos á presentación do HTC Flyer no Mobile World Congress sorprendeunos achar que a flamante HTC Flyer non contara con Honeycomb, cando todas as tablets que se presentaban xa viñan co sistema operativo adaptado a este tipo de dispositivos. Dende HTC comentárannos que preferían usar Gingerbread e contar cunha interface do seu HTC Sense específica para a Flyer e que a dotaba de moitas funcionalidades que non ofrecían Honeycomb.
Mais coa chegada de Honeycomb na súa versión 3.2 e a súa adaptabilidade a dispositivos dun tamaño menor a cousa cambiou e agora HTC fixo unha filtración dunha ROM oficial da HTC Flyer con Honeycomb 3.2
Isto significa que por unha banda a compañía quere que os desarrolladores traballen nesa ROM filtrada e que en breve (pénsase que puidera ser en outubro ou comezos de novembro) se recibirá esta importante actualización. Vamos, unha gran noticia para todos os posuidores desta tablet, que hoxe están de parabéns 🙂

Sobre o autor

Reply