HTC Rhyme: móbil e accesorios dirixido a un público feminino

Non hai moito falamos en Mallando no Android do HTC Bliss, un terminal estándar de pantalla de 3,7 polgadas WVGA. Hoxe este móbil xa é unha realidade, aínda que muda o nome e será coñecido como HTC Rhyme.


Cunhas dimensións de 119×60,8×10,86 mm, o Rhyme ten como obxetivo o público feminino. Mais por se algo destaca é por chegar cunha completa gama de accesorios, entre os que atopamos un cargador tipo dock e unha funda de brazo ideal para quen saia facer deporte con el.
Lembremos que este terminal conta con dobre cámara (de 5 MP e frontal tipo VGA), e procesador Qualcomm a 1 GHz. O seu prezo non foi desvelado, pero rondará os 450 €. Chegará aos nosos mercados en outubro.

Sobre o autor

Reply