A Dell Streak 7 actualízase a Honeycomb dende Froyo

A tablet fabricada por Dell, Streak, está a recibir a actualización a Honeycomb 3.2 dende Froyo, o que supón unha gran nova para os seus usuarios, xa que  pasarán de ter un “teléfono grande” a unha tablet cun sistema operativo en condicións e adaptado ao hardware.
Trátase da primeira tablet menor de 10 pulgadas que recibe Honeycomb, aínda que non será a única porque, como xa vos temos comentado no noso blogue tamén o fará a HTC Flyer dende Gingerbread.
Lembramos que a Dell Streak é unha tablet de 7 polgadas de pantalla con Gorilla Glass e procesador NVIDIA Tegra T20 Dual Core. Conta con 16 GB de memoria interna e dobre cámara, de 5 e 1,3 MP para a traseira e frontal respectivamente.

    Sobre o autor

    Reply