Google lanza Google Currents, unha nova aplicación para disfrutar da prensa (e mirade que ben se nos ve :) )

Google acaba de lanzar Currents, unha aplicación para Android e tamén para iPhone/iPad, pensada para disfrutar do contido de revistas dixitais, mais tamén doutros contidos que lle introduzamos os usuarios, por exemplo a través de RSS.
A priori Google chegou a un acordo e conta con 180 publicacións (Forbes, Huffington Post…) que poderemos engadir como fontes, pero como comentabamos antes tamén podemos introducir feeds de todo tipo (texto, vídeos, perfís de Google+, reader…). Conta ademais cun visor de tendencias, onde se amosa contido similar ao que consumimos e poder así descurbir novas fontes relacionadas.
Polo de agora só está dispoñíbel nos Estados Unidos, pero podedes desargar a aplicación desde aquí (.apk) e comezar a disfrutar do servizo desde xa.

PS: Deixámosvos unhas capturas de como se ve Mallando no Android en Google Currents cando o agregamos por RSS 😉

Sobre o autor

Reply