Vodafone comercializa o LG Prada 3.0 en exclusiva

Vodafone vén de anunciar xunto con LG o lanzamento dun novo terminal Android do que xa temos falado no noso blogue, o Prada 3.0, que combina un deseño exclusivo da prestixiosa marca de moda coa tecnoloxía máis avanzada en pantalla (NOVA de 800 nits).

Dispón de pantalla de 4,3 polgadas, procesador de dobre núcleo e dobre canle a 1 GHz, 8,56 mm de grosor, 8 GB de memoria e unha cámara de 8 MP. A súa batería é de 1540 mAh e vén equipado con Gingerbread (Android 2.3)

Este terminal estará dispoñíbel en primicia para os seguidores de Vodafone en Facebook até o vindeiro domingo 19, momento a partires do cal se ampliará a dispoñibilidade a todos os clientes de Vodafone a través da tenda en liña.

En canto a prezos, pode conseguirse por 49 € e a tarifa @L (59,90 €/mes) ou libre por 659 €.

Sobre o autor

Reply