LG presenta unha completa gama de produtos para este 2012 #mwc12

LG fixo este ano un pouco o mesmo ca Samsung: mudou a súa estratexia de presentación de terminais, fuxindo de grandes keynotes e mantendo encontros a pequena escala. Participamos dun deles no que se nos amosou a gama de terminais cos que este ano traballará LG en Europa, así como tamén algún outro dispositivo que non veremos por non ter 4G pero que si que se ofrecerá a operadoras para probas piloto.

O obxetivo de traballo de LG para este ano baséase en tres liñas fundamentais: pantalla, deseño e prestacións, no sentido máis amplo da palabra.

Conscientes dos erros cometidos co portfolio de terminais do ano pasado, sobre todo no que ten a ver co tema de actualizacións, LG trae este ano 3 terminais de gama media, un supersmartphone, un terminal LTE e un tabletphone.

Gama L Style

A gama L é a a posta da compañía para un público masivo. Está composto por un total de tres terminais: L3, L5 e L7.

  • L3: dos 3 é o que poderíamos considerar de gama inferior. Trátase dun terminal de iniciación, é dicir, pensado para aquelas persoas que nunca tiveron un smartphone e queren comezar con algo básico. Será tamén o máis barato de todos e estará dispoñíbel no mes de abril. Virá con Gingerbread non actualizábel.
  • L5 e L7: son dous terminais Ice Cream Sandwich, con prestacións superiores ás do L3 e orientadas a un público que quere disfrutar de terminais con pantallas maiores pero que non precisa grandes procesadores para o uso que lle vai dar ao terminal. O L5, que verá á luz en xuño, ten unha pantalla de 4 polgadas, mentres que no L7, que chegará ao mercado español en maio, esta é de 4,7.

Todos os membros da gama L destacan por contar con baterías maiores ao habitual neste tipo de terminais. Así o L3 conta cunha de 1500 mAh, que lle otorga unha autonomía real de máis de 2 día de uso. A do L5 é de 1540 mAh.

En canto a cores, desde o comezo todos estarán dispoñíbeis en branco ou en negro, pero haberá cores de renovación meses despois do seu lanzamento. Polo de agora confirmados o L3 e L5 en rosa.

LG 4X HD

Se nos imos á gama alta temos que falar do 4X HD, un terminal que combina grandes prestacións cunha pantalla de 4,7 polgadas e313 ppp, procesador de catro núcleos a 1,5 GHz e todo ilo nun grosor de 8,9 mm.

Este terminal dispón ademais de control avanzado da batería (que é de 2150 mAh), de tal xeito que unha vez que a batería se reduce por baixo dun determinado nível adapta o número de procesadores que funcionan como medida de aforro.

Conta con 16 GB para almacenaxe interno e dobre cámara, de 8 e 1,3 MP respectivamente.

Optimus VU

Ao igual ca Samsung coa súa Galaxy Note, para este ano LG tamén quere introducir ese novo concepto de metade tablet metade teléfono, o Optimus VU. Conta cunha pantalla de 5 polgadas con relación de 4:3 a diferenza dos 16:9 da Note, que segundo LG estafacilita a visualización de documentos sen deixar espazos mortos, polo que sería ideal para unha solución empresarial.

Conta con memoria de 32 GB e incorpora LTE. En Corea xa está comercializada e, se todo vai ben, chegaría a España a finais de ano.

Optimus LTE

Tamén puidemos manosear o Optimus LTE, un terminal que se comercializa nos Estados Unidos e nalgún país de Europa con LTE, pero non no noso, onde aínda se están a facer as primeiras probas precomerciais deste tipo de tecnoloxía. Malia todo, van ofrecer o terminal ás operadoras para que fagan probas.

Outros proxectos

Avanzáronnos que de cara a campaña de Nadal prepararán outro terminal que incluiría o mellor das diferentes divisións de LG, vamos, algo moi potente tecnoloxicamente falando pero do que non nos puideron avanzar nada máis, nen sequera off the record.

Actualización de terminais

No que ten a ver coa actualización dos terminais correspondentes aos lanzamentos do ano pasado, confirmáronnos que terán Ice Cream Sandwich o 3D, o 2X, o Black, o Sol e o Prada.

Como sempre, isto é só un adianto do que contaremos sobre o portfolio de produtos de LG para este ano. Despois de probar todo con máis calma comentaremos o tema en maior profundidade.

Sobre o autor

Reply