Como rootear Samsung Galaxy S2 con DooMLoRD

Rootear o Galaxy S2 dende un computador con Windows con este programa é moi doado. O primeiro que temos que facer é instalar o Kies para que o ordenador teña os drivers e recoñeza o teléfono, podedes baixalo aquí.

A continuación descargamos o DoomLord (descargar a v4) e extraémolo. Abrimos a carpeta e executamos o “runme.bat”.
Agora imos ao móbil, e facemos o seguinte:
  • Activamos as fontes descoñecidas: Ajustes > Aplicaciones > Fuentes desconocidas.
  • Activamos a depuración de USB: Ajustes > Aplicaciones > Desarrollo > Depuración de USB
  • Modificamos o tempo de espera para apagar a pantalla: Ajustes > Pantalla > Tiempo de espera > 10 min.
Volvemos á ventá que saíu cando executamos o “runme.bat”, pulsamos enter e agardamos uns 5 minutos. Cando se reinicie o terminal e nos saia na pantala un aviso para que volvamos pulsar enter, xa teríamos acceso root.
Para confirmalo, abrides o menú de aplicacións e vedes que á dereita sae unha icona que pon “Superuser”.

Nota: Podes seguir este manual baixo a túa responsabilidade.

Sobre o autor

Reply