Aínda que as portas do recinto do Mobile World Congress non abre ata o luns o domingo foi un día onde moitos novos terminais viron a luz, Huawei primeiro, Sony despois e HTC a última hora foron os encargados de poñer sobre a mesa as súas apostas para este ano, unhas apostas marcadas claramente polo verde Android.
Este ano a cita con Sony foi no Palau Sant Jordi, no mesmo sitio onde o ano pasado Samsung presentaba o Galaxy S2, algo que nos pareceu moi indicado pois este ano gran parte de ese peso que a coreana tiña nas súas costas caeu sobre esta empresa. O acto comezou falando sobre o ecosistema Sony, como o ter todo un conxunto de produtos relaionados entre si baixo o paraugas dunha soa marca axudaba a crear mellores experiencias, aproveitando para repasar produtos recentemente lanzados como a PSVita, pero pronto foi o turno do CEO de Sony para subir ao escenario e comezar a falar de Android.
Dende o primeiro momento o deixou claro e acalou rumores, Android é un plataforma referencia e van apostar forte por ela, tal é así que van facer o maior gasto da historia en promocionar os novos terminais. Sony viña de presentar fai escasas semanas o Xperia S nas Vegas, o primeiro terminal que deixaba fóra a marca Ericcson e facía a Sony o único responsable do timón algo que sen dúbida os fixo reflexionar e tivo moito que dicir na presentación de hoxe onde lonxe de sacar novos productos o que fixeron foi abrir os mercado e chegar con novos terminais Xperia para o todo o mundo, que mellor forma de chegar ao mundo, aínda que xa levasen moito tempo nel.
Pronto saltaron a escea, bueno, máis ben sairon dos petos do presentador da acto nese momento, os Xperia P e Xperia U, os dous novos Android que Sony tiña preparados para esta ocasión. Non fixo falla moito tempo para decatarse de que a aposta ía máis aló de un sistema operativo propio, que esta aporta tamén inclúia un deseño propio bastante aractivo e facilmente identificable con esa franxa transparente coa que contan todo os modelos baixo os botóns táctiles.
Xperia P
O segundo polo tamaño da pantalla na familia Xperia, un móbil moi completo e pensado para o entretemento multimedia a través do SmartDock, un simple conector que permite utilizalo en diversas pantallas en complicacións. As súas principais características son:
-
Pantalla de 4” Mobile BRAVIA Engine
-
Tecnoloxía WhiteMagic™ para a pantalla
- Procesador de dobre núcleo de 1 GHz
- Almacenamiento flash de 16GB non ampliable
-
Cámara de 8MP con grabación HD
- Conectividade HDMI, NFC e DLNA
Estará dispoñible en versión plata, negro e vermello, todas elas con acabado de aluminio cando saian á venda a metade do segundo cuatrimestre deste ano, eso si, teremos que agardar ata máis adiante para poder disfurtar ICS nestes terminais pois virán con Gingebread.
Xperia U
O máis pequeno de todos, pero non se vos ocurra pensar que por iso non vai ser potente, pensado para ser o máis portatil de todos o Xperia U destaca por estar pensado para disfrutar da música ao máximo, unha boa forma de chegar aos máis novos. Ademais cunto cun detalle que a moitos lles pode parecer moi atractivo, a franxa transparente ilumínase segundo a foto ou a carátula que teñamos na pantalla e conta con carcasas intercambiables, sen dúbida o móbil máis atractivo para os novos. Outras das características a destacar son:
-
Pantalla de 3.5” Mobile BRAVIA Engine.
- Procesador de dobre núcleo de 1GHz
- Cámara de 5MP con grabación en HD
-
Tecnoloxía xLoud e 3D surround.
- Dispoñible en colores branco ou negro, con carcasas intercambiables en rosa e amarelo incluídas
Ao igual que ocorre co seu irmán maior chegará ao mercado a metado do segundo cuatrimestre deste ano portando no seu interior Gingebread que posteriormente será actualizado a ICS.
Tras o evento tivemos ocasión de probar uns escasos minutos estes novos terminais e as sensacións foron boas, nótanse relamente ben na man, é unha mágoa que teñamos que agardar para ver neles correndo ICS pero de seguro que a espera vale a pena. Máis adiante faremos un analise máis porminarizado de ambos terminais.
Outras cousa que cabe resaltar deste acto foi o fincapé que fixo Sony no uso da tecnoloxía NFC recordándonos a través dun vídeo os SmartTags, eses pequenos puntos NFC dos que xa falamos por aquí.
Por certo, ao final Sony quedou con esa icona que tanto nos gusta a todos.