Vodafone lanza Smart II, a sucesión do Android orientado a cartón prepagamento

Tras o éxito colleitado co Vodafone Smart, o terminal de iniciación de marca propia Vodafone, preséntase agora o Smart II, un dispositivo de características renovadas pero que conserva o espírito do seu predecesor: bo prezo e capacidade de personalización.

O Smart II, que conta con Android 2.3 (Gingerbread), dispón dun procesador de 800 MHz, cámara de 3,2 megapíxeles e pantalla de 3,2 polgadas. Ademais, inclúe 4 carcasas intercambiábeis en diferentes cores, que dan pé a un total de 16 combinacións diferentes.
Ademais das aplicacións que se poderán instalar no terminal a través da Play Store, Vodafone inclúe acceso a servizos como a tenda Vodafone Music, televisión no móbil ou Vodafone Discover.
Está orientado ao público de cartón prepago, de aí o seu prezo: 79 € para os clientes actuais e 99 € para os novos clientes. Inclúe ademais a tarifa Internet & SMS “Gatuitos”. Para os clientes de contrato o terminal pódese coller por 0 €.

Sobre o autor

Reply