HTC Rezound, o novo terminal de HTC

HTC vén de presentar un novo membro da familia que polo de agora só está dispoñíbel en Estados Unidos a través de Verizon, cuxa rede móbil non é compatíbel coas europeas, mais que ten todas as papeletas para que haxa unha versión orientada ao vello continente.

Trátase dun terminal de pantalla de 4,3 polgadas LCD e procesador de dobre núcleo fabricado por Qualcomm a 1,5 GHz.

A súa cámara, un aspecto no que HTC non adoita defraudar, é de 8 MP, co seu correspondente flash LED dual e filtro redutor de ruído, que tamén grava vídeo a 1080p. Tamén dispón de cámara frontal para videochamadas, desta vez de 2 MP, algo superior ao que vén sendo habitual (1,6 MP ou VGA).

Un aspecto clave nestes dispositivos é a batería, de 1620 mAh, que ademais será de carga inarámbica (estamos chegando ao final da era cableada?). Dispón de 1 GB de RAM e 16 de memoria interna, ampliábel a través de tarxetas microSD.

Sae ao mercado con Android 2.3 (Gingerbread), pero xa está confirmada a súa actualización a Ice Cream Sandwich para comezos do 2012

Sobre o autor

Reply