London 2012: 2 aplicacións oficiais para non perderse nada dos Xogos Olímpicos

A organización dos Xogos Olímpicos de Londres vén de poñer na Play Store non unha senón dúas aplicacións para seguir o que sen dúbidas é o evento deportivo do ano: Join In e Results.
Join In é unha completa guía que recolle todos os eventos e actividades relacionados cos Xogos Olímpicos, incluídos non só os deportivos senón tamén os de tipo cultural que se celebrarán pola cidade do Támesis. Ademais tamén poderás engadir os teus eventos, é dicir, marcar aqueles aos que queres ir para telos máis accesíbeis.
A aplicación complétase con novas que se irán actualizando en directo, incluíndo comentarios e fotos. Tamén dispón dunha completa integración con Facebook, Twitter e Foursquare.
Doutra banda, como podedes imaxinar, Results é a ferramenta imprescindíbel para coñecer toda a información relacionada cos resultados dos 36 deportes dos Xogos Olímpicos e dos 21 dos Paralímpicos.
Ademais dos resultados tamén ofrece información en directo, un calendario coas datas da celebración das principais actividades, a posibilidade de facer consultas das medallas (por países, modalidade, …) e saber máis dos atletas que participan.

Ambas aplicacións son gratuítas, adáptanse tamén ao formato tablet e pódense descargar da Play Store: Join In / Results.

Sobre o autor

Reply