Droidcam: emprega a cámara do teu smartphone como webcam do teu ordenador

Hoxe en día case todos os os portátiles traen webcam incorporada e os nosos smartphones cámara frontal que permiten realizar videochamadas tranquilamente. Sen embargo, ás veces fainos falla un dispositivo adicado e se non o imos usar coa frecuencia necesaria como para que nos compense ter un trebello adicado podemos facer uso da nosa navalla suíza, é dicir, do noso smartphone.
DroidCam é unha aplicación que permite precisamente iso, conectar o noso computador co noso PC vía USB ou WiFi, tendo tamén instalado no PC con Windows ou Linux unha aplicación informática que podemos descargar desde aquí.
As configuracións previas son básicas e están correctamente titorizadas. Ademais, existe unha versión “pro” da aplicación Android que engade novas funcionalidades, como un maior número de formatos de vídeo, a conexión por 3G, o uso do flash, autofocus, zoom… e algo moi importante: non se reseteará a aplicación cada 10 minutos, limitación da versión free.
Nome de aplicación: DroidCam Wireless Webcam
Prezo: Gratuíta / 3 € (versión pro)
Desenvolvedor: Dev47
Requisitos: Android 2.1 ou superior
Graciñas a @drakkar25 por falarnos desta aplicación.

Sobre o autor

Reply