Battery Widget? Reborn! Outra forma de visualizar a descarga da batería

Smartphones de pantallas enormes, tan delgados que as avoas dirían aquilo de come neniño que estás moi delgado!, … pero todos coas mesmas eivas: a duración das baterías. Seguramente ese sexa o principal problema dos smartphones, sobre todo cando vimos acostumados daqueles ladrillacos tixolos que tiñan unha autonomía dunha semana.
En abril publicamos unha entrada na que demos algun que outro truco para aforrar batería, e hoxe falámosvos de Battery Widget? Reborn! Trátase dunha aplicación con widget que nos ofrece moita información sobre a batería.
Así, por exemplo, amósanos a porcentaxe de batería dispoñíbel, saúde, temperatura… ou unha predición de cantas horas teremos de autonomía, así como tamén acceso a activar/desactivar cousas como o WiFi, modo avión, étc. E todo ilo coa interface Holo.
Que vos parecen este tipo de ferramentas? Vós usades algún widget para a batería?
Nome da aplicación: Battery Widget? Reborn! (Beta)
Prezo: Gratuíta
Requerimentos: Android 2.3 ou superior
Desenvolvedor: Tomas Hubalek
Descarga: Play Store

Sobre o autor

Reply