Onte Touch Scribe HD, Onte Touch Idol e One Touch Idol Ultra: presentado o novo de Alcatel

Alcatel é un fabricante que, malia levar xa algún tempo facendo dispositivos con Android non acaba de callar moito entre os usuarios, aínda que cos 3 novos dispositivos dados a coñecer no CES de Las Vegas pode que esta tendencia comece a invertirse.
One Touch Scribe HD
O primeiro dos novos dispostivos de Alcatel é o One Touch Scribe HD, que vén a cubrir ese espazo a medio camiño entre smartphone e tablet, os “tabletphones”. A pantalla deste dispositivo é de 5 polgadas, cunha resolución de 1280×720 píxeles. Dispón dun procesador quad core a 1,2 GHz, 1 GB de RAM, 8 GB de memoria interna (ampliábeis por microSD) e cámara principal de 8 megapíxeles.
A batería é de 2500 mAh e emprega Jelly Bean (4.1) actualizábel. Non sabemos se o fabricante francés decidiu incluír unha suite de ferramentas para sacarlle máis partido a este dispositivo, como teñen feito outros fabricantes. Mais o que si podemos confirmar é que terá un prezo atractivo (entre 350 e 400 €) e que está previsto que saia á venda en varias cores durante o segundo trimestre do ano.
One Touch Idol / One Touch Idol Ultra
Doutra banda, no eido dos smartphones presentaron o One Touch Idol e One Touch Idol Ultra.
O primeiro deles, Touch Idol, conta con pantalla de 4,7 polgadas qHD IPS, procesador dual core a 1,2 GHz, 512 MB de RAM, 4 GB de memoria interna e cámara de 8 megapíxeles. Parece que Alcatel quere con este dispositivo seguir a estratexia de LG coa gama L Style, de achegar características reservadas a teminais de gama alta a outros máis “medios”.
Quizais o privilexio do destaque queda reservado para o Idol Ultra, un terminal que chama a atención polo seu deseño ultrafino, acadando os 6,45 mm, e pola súa pantalla de 4,7 polgadas AMOLED. Incorpora un procesador de 1,2 GHz dual core, 1 GB de RAM, 8 GB de memoria interna e cámara de 8 megapíxeles.

Ambos os dous incorporan Android 4.1 (Jelly Bean) actualizábel, e aínda que non se fala de datas para a súa posta á venda podemos sospeitar que coincidirá en tempo coa saída do Scribe.

Sobre o autor

Reply