Lenovo presenta o A10, un ultraportátil baseado en Android

lenovo a10

Lenovo vén de presentar o seu novo ultraportátil A10, que ten como principal característica a inclusión do sistema operativo Android nun trebello que pesa menos de 1 kg e ten 17,3 mm de grosor, o que o fai especialmente interesante para os usuarios que máis se moven.

Incorpora unha pantalla HD (13666 x 768) de 10,1 polgadas capaz de xirar 300 grados, altofalantes con son estéreo e unha cámara a modo de webcam de 0,3 megapíxeles. O seu procesador é de catro núcleos a 1,6 GHz e, segundo din, a batería soporta 9 horas de reprodución continua de vídeo.

Vén con Android 4.2 personalizado polo fabricante para ofrecer unha mellor experiencia de usuario nun trebello moi rientado ao uso de escritorio.

Estará dispoñíbel en novembre por 229 euros.

Sobre o autor

Reply