Lovense: controla os xoguetes sexuais da túa parella co teu Android

Aproveitando que todos andamos co móbil enriba 24 x 7, alguén tivo a idea de xuntar xoguetes sexuais e smartphones. Desa mixtura e dun proxecto de crowdfunding xurdiu Lovense, un accesorio pensado para “amores a distancia”.

Lovense componse de sendos xoguetes sexuais masculino (Max) e feminino (Nora) que debemos empregar vencellados por Bluetooth ao noso smartphone. Do mesmo modo, os nosos smartphones deben dispór dunha conexión de datos (xa sexa mediante WiFi ou 3G/4G) para que o noso xoguete e o da nosa parella se sincronicen.

Tras esta sincronización, calquera movemento nun deles terá fará vibrar con intensidade semellante o da parella, polo que se poden ter unhas sensacións máis realistas. No vídeo que abre o artigo e nos seguinte esquema detállase un pouco máis o funcionamento.

lovense

Indo xa á parte máis técnica, tanto Max como Nora teñen un tempo de carga de arredor de 90 minutos e unha autonomía duns 120. Son resistentes á auga e son sincronizábeis entre si (Max – Nora) ou entre iguais (Max – Max, Nora – Nora), pensando en parellas gais.

No que ten a ver coa aplicación, permite dar “toques” que se transformarán en vibracións no dispositivo da parella, por se queremos pasalo ben con ela pero nós non podemos xogar nese momento. Así mesmo, tamén dispón de videochamada para mellorar a relación.

En canto á súa dispoñibilidade, xa se pode adquirir por 159 dólares (uns 116 euros ao cambio) cada dispositivo. Tedes máis información na súa páxina web.

Sobre o autor

Reply