R incorpora o Moto X ao seu catálogo

moto x 0

A operadora galega R vén de anunciar esta mañá a incorporación do Moto X ao seu catálogo de móbiles, o terminal froito da unión de Google e Motorola, antes de que esta última fose adquirida por Lenovo.

O trebello en cuestión incorpora unha pantalla de 4,7 polgadas (1280 x 720), procesador octa core (2 para procesamento a 1,7 GHz, 4 para gráficos e 2 para a xestión do cosumo), 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna, A batería é de 2200 mAh e as cámaras de 10,5 e 2 megapíxeles, para traseira e frontal respectivamente.

R comercialízao coa súa nova política de subvención de terminais que permite o pagamento a prazos en 24 meses. No mellor dos casos sairanos por 192 €, unha cifra moi inferior aos 395 € de PVP co que se comercializa no noso País. Na seguinte táboa podedes ver todas as opcións dispoñíbeis:

moto x mobilRPodedes atopar toda a información relativa a esta oferta na web de R.

Sobre o autor

Reply