O fabricante NGM aumenta o seu portfolio con dous novos dispositivos dual SIM

O fabricante italiano NGM vén de anunciar o lanzamento no noso País de dous novos terminais con capacidade para empregar dúas tarxetas SIM a un mesmo tempo, o NGM Forward Art e o NGM Forward Shake.

Cun deseño que definen como urbano, os novos trebellos pretenden facerse oco no concorrido espazo da gama media,apostando pola personalización como elemento diferenciador.

ngm_forwardart_black_sxbaja

O NGM Forward Art ten unha pantalla de 4,5 polgadas, procesador de catro núcleos a 1,3 GHz, 1 GB de memoria RAM e 8 de memoria interna ampliábeis por micro SD. A súa cámara principal é de 8 megapíxeles con capcidade HDR. Dispón de 3 carcasas intercambiábeis (incluídas) para poder aplicar un estilo máis persoal.

ngm_forwardshake_black_laybaja

Pola súa banda, o NGM Forward Shake vén cunha pantalla de 4 polgadas, procesador Qualcomm de 4 núcleos a 1,2 GHz e cámara de 8 megapíxeles  como principais especificacións destacábeis.

Ambos os dous están xa á venda no noso País, por 189,90 € o Forward Art e 149,90 € o Forward Shake

Sobre o autor

Reply