Más pedo que Alfredo, completa as túas festas con esta divertida app

Non fai tanto tempo, xogabamos ao okalimotxo ou yo nunca mentres estabamos de festa coas nosas amizades, e hoxe para lembrar eses tempos achegámosvos a aplicación Más Pedo que Alfredo. É unha sinxela app que contén catro xogos, que logo dunha sinxela configuración podemos comezar a botar unhas risas cos nosos amigos.

Os xogos son:

screenshot_es_1

  1. Cascada: preséntase a modo de ruleta e contén 12 xogos diferentes.
  2. Atrévete: nunha liña corren palabras e noutra partes do corpo. Cando paran, xúntase unha palabra de cada categoría levando a situacións divertidas, por exemplo: morde orella, do amig@ que che marca a aplicación. Ti podes facelo ou beber como penalización.screenshot_es_6
  3. Patata Caliente: o típico xogo de responder a unha suxerencia, e pasar rapidamente o terminal a un amigo sen que che estoupe a ti a patata quente. Se o fai, perdes.screenshot_es_3
  4. Master: o master le o que lle di a aplicación. Fai o que lle manda e o derradeiro amigo en replicar ao Master, perde.

Esta aplicación supón unha volta máis a esa morea de xogos pensados para os días de festa aportando algo diferente a eses momentos de diversión. Gústamos este tipo de xogos?

Atopamos de balde a aplicación MPQA na Google Play Store.

NOTA: bebede con moderación e baixo a vosa responsabilidade.

Sobre o autor

Reply