Preguntas Incómodas, unha nova app de Manduka Games

Esta semana tivemos a oportunidade de probar unha aplicación divertida que serve para pasar o tempo coas nosas amizades demostrando o ben que nos coñecemos. Esta app chámase Preguntas Incómodas.

A aplicación xira arredor de Facebook, polo que é imprescindíbel loguearse. Unha vez feito, podemos retar aos nosos contactos na rede social para comezar a xogar.

Screenshot_2014-09-22-23-21-58

2014-09-22-23-17-06

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A mécanica é sinxela. A app fainos unha pregunta a cada membro da partida que responderemos e logo nós teremos que adiviñar a resposta do contrario. En base ás respostas acertadas ou non estáblecese a porcentaxe de afinidade entre ambos. Unha posibilidade é que un persoa conoza ben á outra, pero que non ocorra o contrario.

Screenshot_2014-09-22-23-21-04

2014-09-22-23-23-54

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A graza do xogo está no tipo de preguntas ás que nos enfrontamos, sempre preguntas divertidas cun punto ás veces picante que de seguro nos axudará a pasar unha tarde entre risas cos nosos amigos.

Pensades que vós pode gustar este xogo? Preguntas Incómodas está disñíbel para a descarga na Play Store totalmente de balde.

Sobre o autor

Reply