Mininovas Android: a malla da semana

Sundar Pichai pasa a ser nun dos homes fortes de Google, xunto a Larry Page e Sergey Brin.

sundar pichai

Segundo parece, esta semana tivemos movementos importantes dentro de Google. Larry Page a través dunha nota interna, comunicou que Sundar Pichai é o novo encargando na maioria das divisións de producto máis impostantes ademáis de dirixir os departamentos de búsqueda, Google+, Maps, anuncios, infraestructura, investigación e comercio, ademáis dos actuais Android, Chrome y Google Apps.

Este movemento apunta a que Larry Page quere delegar este traballo para centrarse nos negocios ou operacións da compañía así como no desenvolvemento de novos productos.

O Amazon Fire Phone non se vende tan ben coma se agardaba.

fire phone

O lanzamento deste smartphone da man de Amazon, foi se cadra o movemento do ano da compañía. Saiu ao mercado coa intención de ser un referente. Nada máis lonxe da realidade. As cifras do terceiro trimestre deste ano reportan unhas pérdidas que rondan os 400 millóns de dólares, das cales, 170 millóns serían culpa do Fire Phone ao non acadar as previsións de ventas que resultaron pouco realistas.

Lollipop incorporará de xeito nativo o double tap para activar a pantalla do terminal.

Lollipop

Outra boa nova relacionada coa última versión de Android é que poderemos activar a pantalla ao máis puro estilo LG e que agora estará dispoñíbel en Android 5.

Ademáis a función Ambient Display de Motorola, tamén chegará a Lollipop para mostrar as notificacións directamente ao coller o noso smartphone.

Iso sí, para que estas melloras funcionen dun xeito correcto, debemos ter un hardware compatíbel.

Sobre o autor

Reply