Andy Rubin, un dos fundadores de Android, abandona Google

Meses atrás Google sufriu unha serie de notábeis baixas nas súas filas, relevantes pola importancia dos nomes que abandonaron a compañía a probar sorte noutras empresas. Curiosamente, varios destes movementos teñen moito que ver con Android, unha das liñas de traballo máis importantes para a compañía de Mountain View.

andy rubin

Segundo vén de confirmar The Wall Street Journal, Andy Rubin, un dos fundadores de Android (a quen por certo tamén debemos que os bonequiños Android chámense Andy), vén de anunciar a súa marcha da empresa, deixando o seu cargo como Vicepresidente de Enxeñaría, área na que tiña grande responsabilidade nos temas de robótica.

O abandono débese a que Andy está a centrar os seus esforzos na creación dunha incubadora de start ups relacionadas co mundo do hardware e da robótica, as súas grandes pasións, ás que lle quere adicar todo o tempo.

rubin

O CEO de Google, Larry Page, agradeceu nun escueto comunicado o traballo de Andy Rubin en Android:

Quero desexarlle a Andy todo o mellor no seu novo camiño. Con Android creou algo verdadeiramente notábel, con máis de mil millóns de usuarios felices. Grazas.

Desde Mallando no Android sumámonos aos bos desexos para Andy, xa que sen el pode que todo isto que falamos a diario non fose posíbel.

Sobre o autor

Reply