bq sube os prezos de varios dos seus trebellos culpando á cotización do euro e responde á polémica sobre o uso do coltán

bq_negro_para_fondo_claro

É pouco habitual que unha empresa encareza o prezo dos seus dispositivos; máis ben a tendencia é xustamente a contraria e co paso de tempo, ou co lanzamento dunha nova versión, baixan. Por iso sorprende a decisión de bq, que en plenas rebaixas vén de subir entre 10 e 20 € varios dos seus smartphones e tablets.

En concreto suben os teléfonos bq Aquaris E4 (139,99 €), bq Aquaris E4.5 (159,90 €) e bq Aquaris E5 FHD (259,99 €), ademais das tablets bq Aquaris E10 (269,90 €) e bq Edison 3 (219,90 €).

Ante esta nova, a empresa emitiu un comunicado no que explica que tanto as compoñentes que usan nos seus trebellos como a ensamblaxe fanse en Asia, operando en dólares, pero ao vender en Europa e estar o euro nunha situación fébel fronte ao dólar precisan facer este axuste. Como bq, son moitas as marcas que teñen a enxeñaría en Europa e a ensamblaxe en Asia, polo que a falta de que haxa máis empresas que se sumen a esta suba dos seus produtos, a aclaración soa un pouco a excusa.

Non é esta a única polémica coa que tivo que lidar bq nas últimas horas. Durante a emisión do primeiro programa de En Tierra Hostil, no que se falou do negocio do coltán, o director da compañía foi bastante ambiguo sobre o uso ou non deste recurso nos dispositivos que fabrica a compañía, unha cuestión que se “aclarou” desde o Twitter oficial da compañía.

bq coltan

Ademais, a empresa vén de facer público un segundo comunicado no que explican máis polo miúdo o tema do coltán e os condensadores cerámicos.

Sobre o autor

Reply