SanDisk presenta unha microSD de 200 GB

sandisk 02

SanDisk presenta estes días no #MWC15 a tarxeta de memoria de máis capacidade até o de agora para dispositivos móbiles, a Ultra® microSDXC™ UHS-I de 200GB nun tamaño moi axustado.

Como non pode ser doutro xeito, este tipo de tarxetas precisan unha boa velocidade de transferencia, para que á hora de mover arquivos non sexa un pesadelo. Se mercamos unha destas tarxetas, conseguiremos unha velocidade de até 90MB/s para ofrecer un rendimiento premium como recalcan dende SanDisk, conseguindo mover ao redor de 1200 fotos por minuto. Como ben imaxinades, esta cifra depende moito do peso da foto.

Ademáis debemos destacar que temos á nosa disposición un software que nos axudará a ter un maior control da memoria dos nosos gadgets. Esta aplicación chámase Memory Zone á que lle podemos configurar uns parámetros polos cales se superamos unha determinada cifra de megas consumidos na memoria interna do aparello, os fotos e videos máis antigos móvense á SanDisk Ultra microSDXC UHS-I.

O bo é que esta app non será exclusiva para os posuidores desta tarxeta se non que a podemos descargar dende a Play Store.

A tarxeta SanDisk Ultra microSDXC UHS-I de 200GB, Edición Premium, ten unha garantía limitada de 10 anos e poderemos mercala dende o segundo trimestre do año con un PRVP de $399.99.

Sobre o autor

One Response

  1. Nemigo 5 Marzo, 2015 Responder

Reply