Telefónica anuncia FiLIP, o wearable para ter controladas ás pequenas da casa

telefonica filip

Telefónica anunciou no MWC un acordo con Filip Technologies para comercializar en Europa e América Latina FiLIP, un smartwatch infantil que permite a nais e pais controlar en todo momento ás pequenas.

Está pensado para idades comprendida entre os 4 e os 11 anos, e no seu interior combina tecnoloxías GSM (redes móbiles), WiFi e GPS, para dotalo de conectividade e ao tempo mellorar a precisión da ubicación. E é que esta funcionalidade, saber onde está o dispositivo (e por extensión, a pequena), é quizais a principal característica dun reloxo que tamén permite facer e recibir chamadas ou mensaxes.

telefonica filip 2

Para controlalo existe unha aplicación, tanto para Android como para iOS, grazas á cal as nais e pais poden seleccionar todos os parámetros, como os números que poden chamar ao reloxo (ou viceversa), ver a ubicación actual ou fixar un radio por onde pode estar a nena, saltando unha alarma caso de saír deste.

Está previsto que a súa comercialización sexa inminente, pero o seu prezo aínda é unha incógnita. Será necesario establecer tanto control sobre as pequenas da casa? Non nos estaremos pasando un pouco?

Deixa un Comentario