Movistar chegará ao 70% da poboación de Arteixo coa súa rede de fibra antes de 2017

Movistar ten previsto chegar ao 70% da poboación de Arteixo, uns 10.700 fogares, antes de final de ano, grazas ao despregamento da súa rede de fibra óptica até o fogar (FTTH), coa que as usuarias poden gozar de velocidades simétricas de até 300 megas. Actualmente son arredor de 1000 as vivendas desta localidade coruñesa as que se benefician desta tecnoloxía.

Até o momento, Movistar dispón de cobertura FTTH en máis de 520.000 vivendas e zonas industriais das principais cidades de Galiza, mais está previsto que a finais de ano sexan 617.000, arredor do 40% da poboación galega.

Este tipo de conexións FTTH destacan pola súa alta capacidade, así como pola calidade da transmisión e a súa escalabilidade, o que permitirá á compañía aumentar no futuro os 300 megas actuais, conforme vaian xurdindo novas necesidades de conexión.

A velocidade de actualización da rede de Movistar a esta nova tecnoloxía débese en boa medida a que a compañía está a aproveitar moitas das canalizacións xa existentes, o que reduce notabelmente os custes e as obras a pé de rúa.

Sobre o autor

Reply