Mi Movistar, a aplicación para xestionar os teus números da operadora azul

Movistar vén de lanzar a súa aplicación oficial, seguindo os pasos de outras operadoras como Vodafone ou Pepephone, que presentaron as súas hai algún tempo.
Basicamente trátase dunha ferramenta que permite levar a cabo as operacións máis habituais que os clientes levan a cabo no apartado de xestión de cliente, como consultar o importe da última factura e consumo acumulado, mudar a domicialización bancaria ou coñecer o número de puntos acumulados.
No caso de clientes de tarxeta, estes poderán consultar o saldo, recargar, mudar de tarifa ou solicitar un anticipo de saldo.
Sempre e cando se use a rede móbil non será preciso identificarse de ningún xeito, xa que a tarxeta SIM  funcionará de acreditación unívoca. No caso de empregar WiFi haberá que introducir o número de teléfono, que deberá coincidir co da SIM que teña introducida o mil.
A aplicación Mi Movistar é gratuíta e está dispoñíbel na Play Store.

Sobre o autor

Reply