Aesthar Runner, o un xogo para poñerse no papel dunha heroína

Screenshot_2015-02-11-10-19-17

Queremos facer un pequeno resumo dun xogo que viños de coñecer estes días. Chámase Aesthar Runner. Cando o descargamos, temos diante un xogo fantástico no que unha rapaza, Kara subida nun coello de nome Balkar, ten que ir evitanto una chea de perigos que se atopa polo camiño.

Ademáis para ir pasando as fases Kara non ten que ir sempre subida ao coello, se non que cada un pode ir por un camiño diferente e así acadar o maior número de puntos posibéis ao final.

Screenshot_2015-02-11-10-16-24

Temos que destacar que polo camiño atoparemos “xemas máxicas” de cor azul e amarelo. As azuis, son doadas de atrapar. Non así as amarelas, pois para collelas teremos que dar saltos máis arriscados evitando perigos. Ademáis é importante coller aló menos unha xema amarela para pasar de fase.

Screenshot_2015-02-11-10-24-19

En resumo podemos dicir que é un xogo bastante entretido ao que se lle pode dar unha oportunidade que podemos descargar de balde dende a Play Store.

Deixa un Comentario