As anotacións de YouTube transfórmanse en tarxetas

tarxetas youtube

Se empregades YouTube seguramente estaredes afeitas ás anotacións, un sistema que serve ás creadoras de contido para poñer información extra ou ligar outros vídeos, pero que só funcionan desde a vista escritorio.

Estes elementos tenderán a desaparecer tras o anuncio das novas tarxetas de YouTube, que supoñen unha evolución do xeito de amosar información e que funcionarán tanto en móbil como na vista de ordenador.

Polo de agora Google permite empregar 5 tarxetas diferentes (sitio web asociado, recadación de fondos, merchandising, ligazón a outro vídeo ou financiación por medio de seareiras) aínda que conforme vaia avanzando a súa implantación seguramente vexamos outras novas.

Que vos parece este novo sistema? Gústavos ou resúltavos moito máis intrusivo?

Deixa un Comentario