Pokemon Go chegará a Android no 2016

Pokemon GO

Á saga Pokemon non se lle pode negar o seu éxito, polo que agora as usuarias de Android poderemos desfrutar deste popular xogo nos nosos trebellos dende o 2016.

Así é, o vindeiro ano Pokémon Go chegará a Android, pero non o fará só, pois o xogo estará complementado cunha pulseira, que conectada ao terminal (como un wearable máis) permitirá empregar a ralidade aumentada para atopar e capturar personaxes durante a partida, convertindo as rúas da nosa cidade no taboleiro de xogo. Este wearable ten nome propio, Pokémon Go Plus que terá a capacidade de vibrar para avisar á xogadora de que pode capturar personaxes e usar a pulseira a modo de pokeball.

Pokemon Go Plus

A aplicación será de balde e poderémola descargar dende a Play Store, pero sobre a pulseira non temos datos do seu prezo. Aínda así, sabede que para xogar non é preciso mercala.

Para rematar, deixámosvos cun trailer do que vai ser o xogo.

Sobre o autor

No Responses

Reply