O Google Car toma precaucións cando detecta pícaros arredor

Cando vemos nenas xogando preto da estrada adoitamos aminorar a velocidade e aumentar a nosa concentración, sendo sabedoras do dito ‘detrás dunha pelota aparece sempre unha pequena’. Google é tamén consciente de que as pequenas poden ser máis impredecíbeis ca as adultas preto de onde circulan os vehículos, polo que está a dotar aos seus coches autónomos de sistemas que permiten distinguir entre adultas e pícaras.

A compañía non precisou o método que empregan para distinguir as persoas ou cales son os cambios e/ou precaucións adicionais que toma o vehículo ao detectar pequenas nos arredores do coche autónomo.

O que vén a confirmar esta estratexia é que Google está a prestar moita importancia á seguridade no seu coche; lembremos que en agosto soubemos a historia dun ciclista que se atopou cun destes vehículos nun cruce, e como os movementos do rapaz na bici facían parar o coche en prevención.

Deixa un Comentario