Loita contra o desxeo na Antártida con Fortress Destroyer

A compañía Kiwi Ninja vén de lanzar para os sistemas operativos de Android e iOS Fortress Destroyer, no cal teremos que facer fronte coa nosa flota naval de salvar o mundo debido o desesxeo das placas contra as naves dos Blackwater Enterprises, flota naval inimiga composta por difirentes grupos de ataque co fin de defender os seus propios intereses.

O xogo inclúe 15 misións, 15 tipos de barcos, diferentes tipos de armas, ademáis de ter a opción de adquirir novas habilidades e recursos en función que avanzamos no xogo, podendo obter que o noso barco sexa mellorado en función que o xogo avanza.

Cada xogador meterase no papel do capitán da New Coastal Alliance, coalición formada pola flota que sobrevive despois da fusión do xeo na Antártida Occidental que tivo lugar en 2063.

fd2 fd3 fd4

Fortress Destroyer está dispoñible por un prezo de 2,69 € , pero tamén dispón de compras integradas. Podémolo descargar desde a Google Play Store .

Deixa un Comentario