Agar.io é o xogo do momento

Esta semana estivemos probando un xogo que está medrando en usuarias dun xeito abraiante. Falamos de Agar.io.

agario

A idea deste xogo é sinxela, somos unha bóla que nos movemos en calquera dirección polo taboleiro de xogo na procura doutras ás que atrapar. A dinámica do xogo dinos que temos ir polas bólas máis cativas e así medramos nós. Se pola contra, nos topamos cunha bola máis grande ca nós, seremos asimilados por ela e perdemos a partida.

Podemos recorrer o taboleiro, sen comer a outra bolas máis pequenas, pero se pasa demasiado tempo, perderemos tamaño o que non é desexábel.

Screenshot_2015-09-01-10-49-02

Ademáis cando academos un nível suficiente, podemos dividirnos para ir polos rivais pero teremos que ter tino para no quedar nun tamaño máis pequeno ca o noso rival pois podemos ser comidos por el.

Este é un xogo multixogador moi adictivo que está gustando moito na rede e que podemos descargar dende a Play Store totalmente de balde, aínda que atoparemos publicidade.

Sobre o autor

Reply