Eurovisión: todo o que precisas para seguir o evento no teu móbil

Chegou o día. ÁS 21 horas chega un deses momentos máis agardados do ano por moitas e máis detestado por outras tantas, no que Twitter acaba convertido nun faladoiro de dimensións extraordinarias, memes e brincadeiras. Falamos, como non, de Eurovisión, un festival que este ano celébrase en Estocolmo.

Na Play Store podemos atopar unhas cantas aplicacións sobre o espazo, todas elas moi semellantes en canto a funcionalidades, aínda que a que mellor funciona é a oficial, que se pode descargar desde esta ligazón. Con ela diante, durante a emisión da gala irá aparecendo información das artistas que están actuando e tamén do país que representan, así como as letras das cancións (WTF!) por se a alguén se lle antolla cantalas.

eurovision

No momento en que se abran as votacións a aplicación facilita o proceso de facelo, aínda que non é gratuíto e se aplicarán as tarifas locais polas chamadas ou SMS premium. Así mesmo, á hora do apaixonante reconto de votos tamén teremos unha ferramenta que nos permitirá facelo coa app.

Outra funcionalidade curiosa é a do emparellador, que nos descubre cal é década de Eurovisión que máis encaixa cos nosos gustos musicais. E, como non podería ser de outro xeito, a aplicación ofrécenos acceso a unha tenda de música e outra de recordos, así como un filtro para selfies cun toque eurovisivo.

RTVE e YouTube, as outras alternativas

Outra opción é facerse coa aplicación de RTVE que dá acceso á canle en directo. Hai unha versión para smartphone e outra adaptada a tablets. Neste caso poderemos seguir a emisión en directo cos comentarios que se fagan desde a canle pública española, encargada de retransmitir o evento.

De querer prescindir dos comentarios de RTVE podemos optar por seguir o certame por YouTube, a través do seguinte vídeo da canle de Eurovisión nesa plataforma. Nestes casos non haberá comentarios máis aló dos que poidan facer as presentadoras / condutoras da gala.

Xa tedes a vosa canción favorita?

Sobre o autor

Reply