Google prepara un novo sistema operativo non baseado en Linux

Na actualidade Google controla dous sistemas operativos baseados no núcleo de Linux, Android e ChromeOS. O primeiro está presente en 7 de cada 10 dispositivos móbiles, mentres que ChromeOS atopou o seu nicho en sectores moi concretos, sendo dos poucos sistemas operativos que seguen en crecemento.

Porén, Google xa está a traballar nun novo sistema operativo chamado Fuchsia; aínda que non houbo presentación oficial, publicaron algúns detalles en GitHub coa descrición “Pink + Purple == Fuchsia (a new Operating System)”, é dicir, “Rosa + Púrpura == Fucsia (un novo Sistema Operativo)”.

Con Fuchsia Google aspira a ser capaz de poder controlar calquera dispositivo, ben sexan pequenos obxectos conectados da Internet das Cousas (IoT), ben servidores ou ordenadores tradicionais, mais evitando os vicios cos que contan sistemas operativos xurdidos hai anos para dar vida a un hardware que pouco se parece ao daquela época.

A priori Fuchisa será unha plataforma de código aberto, e a primeira versión xa esta dispoñíbel no repositorio de GitHub para poder descargar e trastear con ela.

Que vos parece a idea?

Sobre o autor

Reply