Movistar subirá as conexións de fibra de 30 a 50 Mbps sen custe

Aproveitando a súa presenza na sesión de clausura do XXX Encuentro de Telecomunicaciones promovido pola Universidad Menéndez Pelayo de Santander, o presidente de Telefónica, Luis Miguel Gilpérez, fixo varios anuncios relacionados coa rede de fibra da compañía.

50 Mbps: velocidade mínima de conexión

A primeira nova importante afecta tanto ás actuais como ás novas clientas da compañía que teñan acceso á fibra óptica, pois Movistar subirá antes de final de ano a opción mínima de 30 a 50 Mbps simétricos.

A opción de 50 Mbps será, xunto á de 300 Mbps, a que poderán contratar as novas altas en a partir de outubro, mentres que as usuarias actuais deberán solicitar a suba de velocidade, sen que iso implique custe algún a maiores ou permanencia dalgún tipo.

Fibra a 25 millóns de fogars en 2020

Por outra banda, Movistar anunciou que ten previsto aumentar o ritmo de despregamento de rede co obxectivo de acadar os 25 millóns de fogares con acceso a fibra no 2020, o que sería chegar até as localidades de menos de 1000 habitantes.

De ser isto certo, que haberá que ver se para daquela cumpriron esta previsión, o Estado español sería o terceiro máis conectado de mundo, só por detrás de Corea do Sur e Xapón.

Movistar asegura ter investido preto uns 12.000 millóns de euros entre 2010 e 2015 en despregamento da súa rede de fibra, e este ano rematará con máis clientes baixo esta tecnoloxía ca sobre o cobre no sector residencial.

No Responses

Deixa un Comentario