R recúa: a tarifa Plana 13 tamén contará con 4G

Hoxe á mañá, a través da canle de Telegram da empresa, a operadora galega R anunciou que a tarifa Plana 13 contará con 4G, recuándo da decisión inicial na que deixaban sen acceso ao 4G ás tarifas con menos de 3 GB de datos.

A tarifa Plana 13 inclúe, por 13 €/mes, chamadas ilimitadas aos números da propia conta, 150 minutos en chamadas ao resto, wificlientesR e 1,5 GB de datos móbiles. Unha vez acadado o límite do plan de datos iranse engadindo automaticamente bonos de 200 MB por un importe de 2 € cada un, até un máximo de 5. Superados os 5 bonos, redúcese a velocidade.

A tarifa Plana 13 era a única das planas que quedaba sen acceso ao 4G desde que comezou a migración á rede de Orange no verán. Tras este anuncio, que terá efecto a partir do 1 de outubro, as opcións que hai en R con 4G son as seguintes:

  • Tarifa Plana 13 4G: 150 minutos + 1,5 GB por 13 €/mes
  • Tarifa R 3 GB 4G: chamadas ilimitadas e 3 GB por 13 €/mes, sempre que se teña contratada unha tarifa plana 22 4G ou superior.
  • Tarifa Plana 22 4G: chamadas ilimitadas e 3 GB por 22 €/mes
  • Tarifa Plana 32 4G: chamadas ilimitadas e 6 GB por 32 €/mes
  • Tarifa 0 3 GB 4G: chamadas a 0 cént/min (págase establecemento e 3 GB por 16 €/mes

 

Para poder disfrutar do 4G na nova tarifa plana 13, ademais de estar migrada á rede Orange, é preciso facer unha activación mudando a tarifa a través da aplicación á nova “tarifa plana 13 4G”.

Actualmente R leva migradas algo máis de 80.000 liñas móbiles á nova rede, e esperan ter completado o proceso a finais de ano ou comezos do 2017.

Deixa un Comentario