Os pagamentos de LG desde smartphones e reloxos podería estar preto

Logo do lanzamento de Apple Pay en Galiza, operativo desde hoxe, todo apunta a que outro dos xigantes de insdustria estaría a preparar o seu propio sistema de pagamento: trátase de LG co seu LG Watch Pay.

lg g5 - 2

Os rumores sitúan o lanzamento da plataforma de pagamento para o vindeiro de ano, permitindo facer pagos tanto desde o noso móbil coma desde o smartwatch. Polo de agora, non coñecemos moitos detalles deste sistema pero semella que contará coa tecnoloxía MST, a mesma que usan a meirande parte das tarxetas de débido ou crédito podendo deste xeito, pasar o noso gadget pola maioría dos lectores xa presentes nos establecementos, polo que a implantación sería moi doada.

Con esta novidade, xa son moitas as opcións de pagamentos móbiles presentes no mercado quedando claro que o xeito de facer as nosas compras vai mudar sen remedio.

Sobre o autor

Reply