Xa podemos atopar o Moto G5 en Amazon por pouco máis de 200€

Os terminais que foron presentados no pasado Mobile World Congress comezan a chegar ao mercado. Se onte foi o Huawei P10 o que se puxo á venda, hoxe é a quenda do Moto G5 (ou Moto G de quinta xeración), que xa está á venda en Amazon por 209 euros, un prezo moi interesante para este modelo, no que destacamos:

  • Deseño metalizado de calidade cortado con diamante.
  • Pantalla LCD de 5″ Full HD, con resolución 1920 x 1080 pixeles e 441 ppp.
  • Procesador Qualcomm MSM8937 Snapdragon 430, Octa-Core 1.4 GHz.
  • Cámara principal de 13 MP e cámara frontal de 5 MP.
  • 16 GB almacenamiento interno e 3GB de RAM.
  • Lector de pegadas dixitais.
  • Batería de 2.800 mAh.
  • Android 7.0 Nougat.

Amazon |Mercar Moto G5

About The Author

Reply