Google volve frear o lanzamento de Android Wear 2.0, agora por un bug

A actualización de moitos reloxos Android Wear á versión 2.0 volve retrasarse, e desta vez a causa é un bug. A pesar de que Google anunciou esta semana o despregamento da actualización a Android Wear 2.0 para os Fossil Q Founder, Casio Smart Outdoor Watch e TAG Heur Connected, nada dixo do resto de reloxos, que son os que maioritariamente teñen sido comercializados no noso país.

A incertidume sobre o tema durou pouco, pois Google explicou a un medio que a actualización para o resto de modelos actualizábeis viuse retrasada por un bug atopado nun dos test finais, polo que agardan poder facer a actualización tan pronto como sexa corrixida, aínda que evitando dar datas concretas.

A lista de reloxos que actualizarán a Android Wear 2.0 é a seguinte:

  • ASUS ZenWatch 2
  • ASUS ZenWatch 3
  • Huawei Watch
  • LG Watch R
  • LG Watch Urbane
  • LG Watch Urbane 2º generación LTE
  • Moto 360 2nd Gen
  • Moto 360 para mujeres
  • Moto 360 Sport
  • New Balance RunIQ
  • Casio Smart Outdoor Watch
  • Casio PRO TREK Smart
  • Fossil Q Founder
  • Fossil Q Marshal
  • Fossil Q Wander
  • Michael Kors Access Smartwatches
  • Nixon Mission
  • Polar M600
  • TAG Heuer Connected.

Vía

Sobre o autor

No Responses

Reply